domingo, 16 de julio de 2017

RUTA: A BARCA-MOSTEIRO SANTO ESTEVO- PENEDOS- MOSTEIRO SANTO ESTEVO-A BARCA.

A BARCA-MOSTEIRO SANTO ESTEVO- PENEDOS- MOSTEIRO SANTO ESTEVO-A BARCA.

Ruta de 8km aproximadamente e cunhas vistas moi boas sobre o tramo final do río cabe e a unión co rio sil. Lugar de unión das provincias de Ourense e Lugo  e os concellos de Sober, Pantón e Nogueira de Ramuín.
A maior parte do percorrido e baixo o cobixo das árbores, polo que se pode facer no outono ou no verán.

DURACIÓN:3-4 Horas

INTENSIDADE: Media-Alta.

ZONA: Ribeira Sacra. (Sober, Pantón, Nogueira de Ramuin-Lugo,Ourense-)

COMO CHEGAR: Monforte-Canaval-Rosende-Anllo-Nogueira. 30´aproximadamente.


VARIANTES: Pode unirse con outras e facela máis longa.




sábado, 15 de julio de 2017

Ruta cortafogos sur da Mioteira

Ruta de case 9 km e unha duración de 1h 40 minutos aproximadamente. O nivel de dificultade é alto polo ascenso polo cortafogos sur que presenta unha pendente moi pronunciada por momentos. Nesta ocasión parte do descenso faise tamén polo cortafogos oeste.

Deixo os datos...




viernes, 14 de julio de 2017

Ruta do Cortafogos Norte da Mioteira

Ruta de 10 km aproximadamente e 2 horas de duración con certo nivel de dificultade e que se asemella a ruta do cortafogos Oeste da Mioteira. Pódense observar boas panorámicas sobre o Calderillas.

Deixo os datos sobre a mesma...





jueves, 15 de junio de 2017

Ruta Cortafogos Oeste da Mioteira

Ruta de 10 km e 2 horas aproximadamente, que sae de Marcón, vai cara a área recreativa das veigas e unha vez pasada esta, cóllese o cortafogos oeste da Mioteira e chégase ó cumio para posteriormente comezar a baixada polo cortafogos norte, ata chegar á pista que bordea a Mioteira polo este ata coller a carretera que vai a Monteagudo, dende ahí comezamos a baixar ata chegar de novo a Marcón.

Dificultade alta, polo tramo do cortafogos, pero que merece a pena realizar se se está en forma.

Pódense realizar distintas variantes.

Espectaculares as panorámicas que se poden percibir ó longo de todo o percorrido,sobor de todo durante o traxecto do cortafogos e unha vez que se acada o cumio da Mioteira.







Agora deixo unhas fotos das vistas que hai ascendendo ata o cumio da Mioteira...






miércoles, 24 de mayo de 2017

Ruta Cascada Augacaída



Ruta de 3km +/-  que pode levar uns 20 minutos facela, pertence o Concello de Ferreira de Pantón e está a carón do río Miño.

Atópase perfectamente sinalizada e cunha boa pasarela que permite realizar o tramo de baixada ata a cascada sen apenas dificultade, aínda que ten desnivel, como podedes observar no perfíl que está máis abaixo.

É unha ruta de ida e volta e pódese completar coa visita o Castro de Marce, deixo outra proposta e pertence PRG 162 Ruta da ribeira sacra do miño.




sábado, 15 de abril de 2017

Ruta Castelo Monfrague. P.N. Monfrague. Extremadura


E  parte da ruta do Castelo de Monfrague a carón do río Texo (Tajo), entrando no parque por Villareal de San Carlos, na provincia de Cáceres, comunidade autónoma de  Extremadura.

Ruta de 15 km en total (4-5 horas), aínda que Eu so fixera 12 km aproximadamente, na que se alternan zonas sen desnivel,  con outras de súbida e baixada con certo nivel de pendiente.

Pódese considerar de dificultade media e  pódese facer en calquer época do ano.


Zona de importancia en canto a reserva ornitolóxica (buitres leonados, etc) e cunhas boas paisaxes a carón do río Texo e dende o salto do Gitano e o Castelo de Monfrague.













sábado, 12 de noviembre de 2016

Ruta Río Pequeno, Seoane do Caurel

A Ruta de Río Pequeno ten unha distancia de case 15km. Inícia e remata en Seoane do Caurel (Lugo).


Os puntos de interese son: A Aldea do Mazo, Paderne, Castro De Brio, Mercurín

Ten un nivel de dificultade media e pódese facer en torno ás 6 horas.


Deixo enlaces de páxinas onde se fala desta ruta...

-Rutea

-Acampamento do Caurel