domingo, 26 de octubre de 2014

RUTA DE SENDEIRISMO ZARZO-CHELO (Comarca Betanzos)

Bonita ruta a carón do río Mandeo.

Moi recomendable para calquer época do ano!!!

Aquí deixo unhas fotos sobre os paneis informativos cos datos da ruta.


lunes, 24 de septiembre de 2012

Sendeirismo Nocturno 2012

O 17-8-2012 uns intrépidos fixemos a ruta nocturna da ferreirúa de tódolos anos. Este ano a novidade foi que cambiamos o aperitivo final por uns bailes...acompañados de algún refrixerio na metade da ruta...e na festa de Santalla. Quedan unhas poucas imaxes para que as disfrutemos tod@s.


Ata a próxima!!!

martes, 14 de agosto de 2012

Sendeirismo nocturno 2012


Este venres 17-8-2012 faremos a ruta nocturna  polo entorno da Ferreirúa.

Se te animas sairemos o venres ás 23.50h das proximidades do local social.

ANÍMATE.

jueves, 12 de enero de 2012

Fotos da ruta das pasarelas


Ruta das pasarelas, Parada de Sil (Ourense).

O sábado 7-1-2012 ás 15.30h comenzamos a facer esta pequena pero fermosa ruta polas veiras do rio mao, na veciña provincia ourensana.
Os 11 participantes gostamos moito desta andaina que nos levou dende a central eléctrica ata perto do pobo de barxacoba e voltando pola carretera asfaltada ata onde deixaramos os coches a carón da mencionada central.
Os kilómetros son aproximadamente 4  e a duración en tempo pode ser algo máis dunha hora, pero a espectacularidade das vistas merece a pena.

Se queredes máis información aqui vos deixo algín enlace:

-Ruta das pasarelas 1  na páxina de JR Casanova

-Ruta das pasarelas 2   en wikiloc











miércoles, 4 de enero de 2012

Sendeirismo Parada de Sil

O sábado pola tarde iremos facer unha ruta ó concello de Parada de Sil-Ourense- para iniciar ben o ano 2012!!!

A ruta e doada, duns 4 km de distancia e transcurre á carón do río Mao-afluente do Sil- por terras de viñedos e fermosas vistas...




Anímate!!!

martes, 6 de septiembre de 2011

Sendeirismo nocturno Ferreirua: 19-8-2011

O venres 19-8-2011 uns intrépidos sendeiristas introducímonos nos interiores da Mioteira e do monte de Ferreiros ás 12 da noite para facer unha ruta de 12 km aproximadamente, todo discurriu ben e como estaba previsto, a pesar da incredulidade dalgunha dos compoñentes do grupo rematamos...-cansos, eso si- e con gañas de repoñer forzas e case todos con ganas de repetir.

Quedan unhas fotos para que vos deleites @s que non puidestes participar. Agardámoste na próxima.