martes, 10 de noviembre de 2009

Ruta de Novembro

O vindeiro domingo (15-11-2009), se as condicións climatolóxicas no lo permiten iremos facer sendeirismo polas terras de Pantón, en concreto a ruta de Valboa a Valboa, pasando pola Millara e a carón do Río Miño.

A duración aproximada será de 80 minutos e cabe suliñar os viñedos e as vistas sobre o río Miño.

Hai a posibilidade de disfrutar do circuito acuático do Balneario de augas santas entre as 16 e 18 horas, para o cal é necesario reservar antes do venres.

Seguimos en contacto.

viernes, 30 de octubre de 2009

Saída o Caurel

A pesar das perspectivas pouco alentadoras 12 intrépidos sendeiristas fómos o domingo a percorrer un anaco do caurel. A primeira hora fixemos unha ruta en coche por Seceda e posteriormente visitamos a aula da natureza de moreda, onde nos comprometemos a facer a ruta da devesa da rogueira para outra ocasión... Visto que a climatoloxía nos ía axudar decidimos adentrarnos na ruta de Folgoso a Baldomir, facéndosenos pequena...o que non quita que posteriormente xantaramos moi a gusto en compaña de dous membros máis que se incorporaron máis tarde...
Esperámoste para a próxima!!!

miércoles, 14 de octubre de 2009

PRÓXIMA RUTA DE SENDEIRISMO

O vindeiro 25 de outubro do 2009 faremos a seguinte ruta de sendeirismo, se as condicións climatolóxicas nolo permiten, pola serra do caurel.


Seguiremos en contacto.

miércoles, 26 de agosto de 2009

21-8-2009: Ruta nocturna na Ferreirúa

O pasado venres 21-8-09 máis de trinta persoas de tódalas idades iniciamos a nosa particular aventura nocturna polo entorno da ferreirúa. Sobre as 23.50h citámonos no souto para comezar a nosa ruta sobre as 24.00h, o tramo ata ferreiros fíxose con total normalidade coa axuda do alumeado público, a partir de aqui xa nos adentramos na oscuridade e nas pistas de terra que nos levaban dirección Forgas, a poucos metros collemos un desvío (o tramo máis complexo de toda a ruta) que nos levaría ó monte de Ferreiros para dirixirnos a Mioteira e pasar pola área recreativa das Veigas e rematar a nosa andaina no local social da Ferreirúa sobre as 3.40h do dia 22, que foi cando chegamos o pelotón de cola e os que empregaron o coche escoba que conducía o Manolito. Logo do esforzo físico repuxemos forzas coa axuda do xamón e o queixo ata ben entrada a noite...

Para que vos lembredes aqui tedes algunhas fotos...

lunes, 10 de agosto de 2009

Ruta de sendeirismo nocturna

O venres 21-8-2009 faremos a terceira ruta de sendeirismo nocturna polo entorno da Ferreirúa.

A saída será as 23.50h do campo da festa da ferreirúa e a hora de finalización será aproximadamente sobre as 3h da mañá do día 22.

Ó rematar a andaina celebrarémolo coa degustación dun xamón do pais.

Se estás animado, so tes que vir preparado para facer o tramo a pe.





ESPERÁMOSTE!!!