Ruta Circular do Concello de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra lucense a carón do río Sil.
Distancia:14
km aproximadamente
Duración: 3h
45´- 4h 30´.
Dificultade:
media.
Sentido:
Circular e pode empezarse en calquera dos dous sentidos.
Descrición:
Interesante ruta para facer en calquera época do ano.
Se comezas en Castro de Abaixo cara á Cubela vas saborear unha espectacular paisaxe a carón do
río Sil, e da outra beira podes contemplar os viñedos da ribeira de Vilachá.
Ata a Cubela son 6 km aproximadamente que na maior parte do percorrido vas á
sombra da arboreda, e a maior parte do traxecto apenas ten dificultade e
consiste nun pequeno subir e baixar.
Xa na Cubela podes gozar dunhas preciosas vistas sobre o
parroquia e o pouco coñecido meandro...que merecen a alegría.
A partir da Cubela comeza unha ascensión ata o lugar de
Torbeo, 3 km aproximadamente, que pode ser que teñas que saborear,
obrigatoriamente-dependendo do teu nivel de forma física-, das fermosas vistas
que vas deixando atrás.
Unha vez en Torbeo, pérdete un pouco polo lugar e se tes
sorte quizás poidas ter unha conversa, sempre amena, co dono da cantina de
arriba, onde che vai explicar claramente por que a bruxa de Torbeo, non era
unha bruxa senón unha vidente, e asemade mentres gozas da parola toma algo
nunha das poucas cantinas de toda a vida que quedan no interior de Galicia.
O regreso a Castro de Abaixo faise nun agradable descenso
de apenas 4 km entre soutos de castiñeiros e algunha viña que resiste ó
esquecemento.
Déixovos un vídeo sobre a Ruta.
https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/bruja-torbeo-mito-realidad/201903291836381367938.html