lunes, 14 de diciembre de 2020

Ruta de Sendeirismo da Casela ata o Alto do Castro (Variante Longa)

 Son 20km de distancia e máis de 4h 30´para facer esta ruta case circular en todo o seu percorrido.


Sae dos límites dos concellos de Samos e do Incio e das localidades da Rexoa e da Casela.

 Vistas panorámicas moi destacables e paso pola pena dos 4 cabaleiros e o alto do castro.

Deixo un vídeo da ruta













lunes, 30 de noviembre de 2020

Ruta Sendeirismo Camiño do Ferradal. Rugando-Ponte Soldón. Quiroga

 Ruta do Concello de Quiroga que vai dende Ponte Soldón ata Rugando. 

 

Son 10.5 km aproximadamente de subida e baixada a  carón do río Soldon e cunha duración de 3-4 horas. 

Ruta lineal que se pode facer máis longa iniciándoa na Seara.



Deixovos un vídeo sobre a Ruta:





domingo, 8 de noviembre de 2020

Ruta pregamento de Camporrío- A parte. Monforte

 Deixo aquí uns datos básicos sobre unha posible ruta de sendeirismo, aínda sen explotar á carón do río cabe e o río Mao no concello de Monforte. son 12 km aproximadamente nos que destacaremos o azud de ribas altas e o pregamento de camporrío, relacionado co pregamento de campodolar na zona do caurel, os cales se consideran a orixe de Galicia.


Deixo un vídeo da ruta feita. 

 

Novas sobre este plegue:

 Nova 1


Nova 2



fotos do pregamento.










domingo, 25 de octubre de 2020

Ruta de Sendeirismo Pena de Matacás: Castro Caldelas

 Ruta interesante e intensa de 16km aproximadamente e que pode levar entorno ás 5-6h facela. O nivel de Condición Física aconsellable para facela ten que ser bo, pois hai que subir e baixar nunha boa parte do recorrido.


Deixo aquí un vídeo da ruta e unhas cantas fotos. Na data que a fixen estaba bastante ben sinalizada.

Na zona do mirador de Matacás hai 2 rutas máis pequenas que se poden facer saíndo dende o mirador e que se superpoñen en tramos con esta ruta.












lunes, 19 de octubre de 2020

Ruta de Sendeirismo dos bosques máxicos de Castro Caldelas (opción longa)

Ruta moi interesante e non apta para principiantes pois e un subir e baixar...vistas moi recomendables por este enclave do concello de Castro Caldelas, na provincia de Ourense.

Cabe destacar o mosteiro de san paio, aínda que se atopa abandonado.

Son 16km e case 5h de andaina, déixovos un vídeo sobre a ruta.


Aquí tedes fotos da ruta nun mes de outubro, parece que se pode facer durante todo o ano.













domingo, 18 de octubre de 2020

Ruta Sendeirismo Ferreirúa Forgas

 Ruta de sendeirismo dende a Ferreirúa ata Forgas. Nesta proposta son 5 km e pouco mais de 1 hora e con posibilidade de varias alternativas.





domingo, 13 de septiembre de 2020

martes, 25 de agosto de 2020

Ruta de Kaiak Castro de Abaixo-Cubela-Castro de Abaixo.

 Ruta de Kaiak polo Río Sil, entre as localidades de Castro de Abaixo e a Cubela, pasando por Augasmestas, nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga e a Pobra  do Brollón, na provincia de Lugo.


Cabe destacar os viñedos de Vilacha de Salvadur.

Son 13.6 km e o recorrido pode levar sobre 3h.