domingo, 17 de noviembre de 2019

Ruta do Contrabando

A ruta do contrabando atópase na provincia de Ourense no concello de Nogueira de Ramuín. Está situada na marxe sur da Ribeira Sacra.

Son case 15 km que se poden facer entorno ás 4 horas. Á altura máxima a que se accede está sobre os 750 mts.


Pode iniciarse no pobo de Penalba ou no de Luintra.

É unha ruta circular, que ten desnivel non apto para calquer público.













Aqui vos quedan fotos dun día do mes de Novembro...











viernes, 30 de agosto de 2019

Ruta Eco Pista Dao. Viseu. Portugal.


Interesante ruta que parte da cidade de Viseu en Portugal e percorre 47 km +/- ata chegar ó seu remate polo que en tempos foron vías de tren.


Aquí so está reflectido unha parte da Eco ruta.

Deixo aquí un enlace sobre a ruta.


Para poder facela hai que respetar unhas normas, que vos deixo a continuación.

O inicio non se atopa moi ben sinalizado.

Pode realizarse en bicicleta e poden alugarse perto do inicio da ruta.

Aquí tedes un vídeo en 3D sobre parte da ruta.






jueves, 29 de agosto de 2019

Ruta Conil- Palmar-Castilnovo


Ruta sinxela a carón do mar...na costa de Conil en Cádiz.

Pode facerse completa e unir Conil co Cabo de Trafalgar.

Aquí queda o vídeo dunha variante feita dende Conil ata a praia do Palmar e a praia de Castilnovo.





Outra posible ruta pola zona pode ser a seguinte:....

Cala Roche- Cala Castilnovo.Conil. Cádiz

Ruta Plateras-El Jaral. El Gastor. Grazalema. Cádiz.

Pequena ruta pola montaña gaditana que se fai e apenas duas horas, partindo e voltando do bonito pobo do Gastor.

Ruta Plateras- El Jaral. El Gastor. Grazalema. Cádiz

Ruta de 6.5 km aproximadamente e dificultade baixa. Son apenas 2 horas.

Déixovos o vídeo sobre a ruta.






El Gastor é un pequeno concello da serra de Cádiz.
Moi recomendable o restaurante da piscina municipal para comer, tanto pola comida como polas vistas sobre a zona.

miércoles, 28 de agosto de 2019

Ruta dos muiños.do Tajo. Ronda. Málaga.

Pequena Ruta con Saída e chegada á cidade de Ronda en Málaga.

Está ruta empeza na capitalidade municipal.

Non se atopa moi ben sinalizada.

Son 4km +/-.

Recomendable facela á primeira hora da mañá, sobor de todo se é nos meses de verán.

Déixovos o enlace do vídeo en tres D sobre a ruta.





martes, 6 de agosto de 2019

Ruta dos Deuses. Costa Almafitana. Napoles

A ruta dos sendeiros dos deuses é unha bonita ruta pola costa almafitana do Sur de Nápoles.

A ruta parte de Boomerano e transcorre por unha bonita paisaxe a carón de terrazas moi semellantes ás da ribeira sacra, a maio parte é descenso pero nalgún tramo hai que facer ascensos para sortear as entradas típicas da costa almafitana. Remata en Positano.

Son máis de 9 km que se poden facer entorno ás 4 horas. A ruta é lineal e para volver ó punto de partida podes volver sobre o andado...ou coller un barco ata Amalfi e dende aí coller un autobús ata boomerano.

A dificultade é media.


Vídeo do Relieve.






Ruta Subida ó Vesubio. Napoles.


Ruta de sendeirismo para acceder ó cráter do volcán Vesubio en Nápoles, Italia.
Son 2 horas aproximadamente de ruta chegando á cota máxima de 1170mts de altura que é onde se atopa o cráter. A distancia a percorrer son case 4km. O percorrido é lineal polo que hai que desfacer o andado.
É necesario sacar entrada para poder acceder a este sendeiro.

A dificultade é media.

Moi recomendable.


Aqui tedes o vídeo do relieve.


Deixo unhas fotos para facerse unha idea...










domingo, 28 de julio de 2019

Ruta Mazo_Pico Montouto_Mazo (Quiroga)

 A Ruta do Mazo ata o Pico Montouto Mazo e unha ruta pertencente ó Concello de Quiroga na provincia de Lugo.
En wikiloc

Son case 19 km dunha ruta dunha dificultade media-alta e que está programada para 6h 40´, pero que a fixemos en 5h e 15´.

Ruta moi interesante cunha gran riqueza paisaxística, pode presentar algunha dificultade en función das condicións climatolóxicas...E aconsellable levar material axeitado.

Na época na que a fixen non estaban os camiños desbrozados e faltaban algunhas indicacións, polo que existe a posibilidade de perderse...tiven choiva, sol e néboa no mesmo día, a pesar de ser finais de xullo...

Déixovos o enlace para ver un vídeo en tres dimensións da ruta...








miércoles, 24 de julio de 2019

Ruta Ribadeo as Catedrais

Ruta da costa norte da provincia de Lugo, de 18 km, dificultade media e unha duración de 3h e 30 minutos aproximadamente, case toda a carón da costa cantábrica.

Ruta que se pode superpoñer con outras rutas da zona  como a ruta dos miradores, a xeoruta dos ollos e  ruta do cantabrico.

Sae dende Ribadeo e vai percorrendo toda a costa cantábrica ata a praia das catedrais. Unha das zonas mais coñecidas é o pobo de Rinlo.

A seguinte ruta a facer podería ser a continuación ata Foz que serían 22 km.







https://www.relive.cc/view/rt10006771382

video