Ruta de 5 km e 2 horas aproximadamente con dificultade media na zona central da Illa Terceira nas Azores.
Pásase por espectaculares paisaxes de lagoas, zonas de bosque e rochas volcánicas.
Está a carón dunha das cobas máis famosas da illa Terceira, como é a gruta do Natal.
Ruta de case 10 km e 2h e 30 minutos de duración aproximada. Dificultade media-alta e que permite visitar zonas moi diversas en canto a paisaxe e orografía, presentando zonas escarpadas e zonas completamente chairas e a carón de vacas soltas en montañas convertidas en pastizais.