jueves, 15 de junio de 2017

Ruta Cortafogos Oeste da Mioteira

Ruta de 10 km e 2 horas aproximadamente, que sae de Marcón, vai cara a área recreativa das veigas e unha vez pasada esta, cóllese o cortafogos oeste da Mioteira e chégase ó cumio para posteriormente comezar a baixada polo cortafogos norte, ata chegar á pista que bordea a Mioteira polo este ata coller a carretera que vai a Monteagudo, dende ahí comezamos a baixar ata chegar de novo a Marcón.

Dificultade alta, polo tramo do cortafogos, pero que merece a pena realizar se se está en forma.

Pódense realizar distintas variantes.

Espectaculares as panorámicas que se poden percibir ó longo de todo o percorrido,sobor de todo durante o traxecto do cortafogos e unha vez que se acada o cumio da Mioteira.







Agora deixo unhas fotos das vistas que hai ascendendo ata o cumio da Mioteira...