Ruta de case 10km de distancia...polo entorno da Ferreirúa.
Sáese de Marcón en dirección á área recreativa das veigas e débese coller o segundo desvío que se atopa a man esquerda. Logo séguese toda a pista ata unha vez pasada unha fonte de ICONA e superada unha pequena subida coller un desvío a man esquerda que vai mediante un pronunciado descenso levarnos ata o burato das choias.
Unha vez feita a visita de rigor...seguimos a ruta pola pista que nos fai deixar a esquerda ó burato das choias, para a uns 400mts +/-...desviarnos a esquerda e subir ata voltar a pista pola que viñemos anteriormente. Aquí colleremos á dereita ata retornar ó punto de partida.
Non se atopa sinalizada. Pódense facer moitas variantes.
O máis interesante que se pode realizar é a visita o burato das Choias e asemade disfrutar das maravillosas vistas.
A dificultade é media baixa.
jueves, 7 de abril de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)