martes, 22 de septiembre de 2015

Castro de abaixo a Cubela-Castro de Abaixo

Ruta ó carón do Rio Sil no concello de Ribas do Sil na provincia de Lugo e en plena Ribeira Sacra Lucense.
Atópase perfectamente sinalizada e con posibles variantes na súa realización.A mellor e a que se fai de xeito circular pasando por Torbeo.
Son 12 km aproximadamente se se fai ida e volta polo sendeiro a carón do río Sil sendo un traxecto sen apenas desnivel.

A miña recomendación e facer a ruta a carón do río pola mañá, pois hai sombra en case todo o percorrido.







sábado, 12 de septiembre de 2015

Ruta: A Seara-forno de cal-Formigueiros-Lagoa da Lucenza-A Seara



RUTA: A SEARA-FORNO DE CAL-FORMIGUEIROS-LAGOA LUCENZA-A SEARA

Ruta de 10 km aproximadamente  dificultade media-alta. Pásase dun desnivel de 1000mts ata 1639mts no cumio de Formigueiros.

Está perfectamente sinalizada e pódese realizar en calquer época do ano, tendo en conta as especifidades de cada estación…existe a posibilidade de atopar neve ou un sol de xustiza..., na zona do cumio non hai apenas árbores.

Pódese realizar en 3-4h, dependendo do ritmo ó que se faga. Existe a posibilidade de poder ampliala saíndo hacia Vieiros en vez de baixar pola zona da lágoa da lucenza.

Ruta moi interesante pola paisaxe e polas características da zona.

Pertence os Concellos de Quiroga e Folgoso do Caurel

























lunes, 7 de septiembre de 2015

Ruta: Marcon (Ferreirua)- As Veigas- Ferreiros- Valloulí- Marcón

Ruta de Sendeirismo polo entorno próximo da Ferreirúa -Póbra do Brollón-.

O percorrido é o seguinte: Marcón (Ferreirúa)- Área Recreativa das Veigas- Monte de Ferreiros- Ferreiros- Valloulí-Marcón.

 Son 11.3 Km de ruta a maior parte por pistas de terra e na que se comenza en ascensión e a partir dos 5 km comeza o descenso para rematar os  últimos kilómetros en lixeiro ascenso.

Esta Ruta non está sinalizada!