Ruta de apenas 5 km de distancia que discorre
entorno o encoro de Vilasouto- Concello do Incio- na Provincia de Lugo.
Sendeiro ben coidado e con moi boas
posibilidades para practicar sendeirismo e incluso permite correr facilmente.
Ten moitas árbores e zonas de sombra o que a fan ideal para épocas de verán e primavera.
Sen apenas desnivel permite que sexa ideal
para persoas que non estean acostumadas a facer moita actividade física.
Mágoa que non se aproveite máis este entorno
tan privilexiado.
Sería ideal que puideran completar a ruta de xeito circular entorno a todo o encoro!!!