Ruta de 10 km de distancia aproximada (2 horas) a cal discorre entre sendeiros e algún tramo de
pistas asfaltadas.
Comézase xunto a
Aula da Natureza de Moreda
da cal
comezamos un sendeiro que se comparte coa ruta do monte Cido ata chegar
ó mirador dende o cal podemos observar o Castelo de Carbedo-ou o que queda
del...- proséguese a ruta por medio dun bosque en lixeiro descenso...e nunha
zona mal sinalizada- ata chegar á carretera que une Seoane con Moreda- Collemos
dirección Moreda e a 200mts aproximadamente desviarémonos para a dereita por
unha pista de terra en ascensión e entre árbores ata chegar o pobo de Parada.
Pasaremos por diante da casa de Uxio Novoneira e posteriormente, xa por pista
asfaltada e cun lixeiro descenso, dirixirémonos para o punto de Partida en
Moreda, na aula da Natureza.