RUTA: VENEIRA-ALTO DO CASTRO-CATRO
CABALEIROS-BUSTO-VENEIRA
Interesante ruta no Concello da Pobra do Brollón, con distintas posibilidades de realización.
DISTANCIA:14.5KM
DURACIÓN:2.5-3h
DESCRIPCIÓN: Saída da
parte de enriba do pobo da Veneira,
seguir a pista que pasa por diante da canteira de pedra e do tanque de auga
contra os lumes, ata chegar o cruce no que se pode ir para ó Incio (seguindo de
fronte) para Monteagudo (para a esquerda) e para a pena dos Catro Cabaleiros-Parada
Dos Montes (para a dereita). Seguiremos a pista da dereita e posteriormente
desviarémonos para a esquerda en lixeira ascensión para o alto do castro. Unha
vez no alto do castro comezaremos a descender lixeiramente pola pista de terra
ata chegar a un desvío para a dereita o cal nos levará ata a pena dos catro
cabaleiros. Unha vez na pena dos catro cabaleiros seguiremos polo cortalumes da
dereita ata chegar a pista que une a Veneira con Parada dos Montes. Unha vez na
pista colleremos para a dereita o que nos vai permitir pasar por enriba do
pobo rehabilitado do Busto e regresar ó punto de inicio da Rota na Veneira.