miércoles, 27 de enero de 2010

Camiño Sur a Santiago: Póboa do Brollón-Monforte de Lemos

O Pasado domingo (24-1-2010) iniciamos as andainas do 2010 cunha peregrinaxe neste novo ano santo por un tramo do camiño sur que vai dende a Póboa do Brollón ata Monforte de Lemos.

Os 26 participantes iniciaron esta nova xeira de rotas con ánimos renovados e con forza suficiente para acabar as case tres horas de camiñar sen apenas mostras de cansancio, para que vos fagades unha idea, quedades cunha escolma de fotos.




martes, 12 de enero de 2010

Próxima ruta: Camiño de Santiago

O vindeiro 24-1-2010 faremos o tramo do Camiño de Santiago que vai dende a Póboa do Brollón ata Monforte de Lemos.

A duración será aproximadamente de 2 horas.

Seguiremos informando.