miércoles, 30 de diciembre de 2009

Cea de Nadal do grupo de sendeirismo da Ferreirúa

Logo de facer a ruta de sendeirismo pola mañá fómonos cear a casa Comerciante de Vilamor (Folgoso do Caurel), como se pode observar nas fotos que veredes máis abaixo todo resultou "moito bo..." a pesar de que a climatoloxía non nos acompañou...


Agradecer o trato recibido no restaurante e o esforzo que fixeron os/as comensais que o dia seguinte tiñan que traballar, o cal non lles impediu acompañarnos!!!

¡¡¡BO REMATE DE 2009 E MELLOR 2010 PARA TODAS/OS!!!


Fotos da ruta: Ferreirúa-Burato das Choias-Ferreirúa- Nadal 2009

Un adianto, en fotos, da ruta feita o domingo 27-12-2009, seguiremos informando...


viernes, 25 de diciembre de 2009

27-12-2009...Ruta máis cea!!!

A saída para a ruta do domingo (27-12-2009) será as 12 da mañá diante do fogar de Xto Rei da Ferreirúa...Farémola polo entorno próximo.


A cea será as 21.15h en Vilamor (Folgoso do Caurel) se as condicións metereolóxicas nolo permiten...

Vémonos o domingo!!!

domingo, 13 de diciembre de 2009

Ruta do mes de Decembro

O 27-12-2009 faremos a última ruta de sendeirismo deste ano, que será polo entorno próximo da Ferreirúa.

Pola noite iremos de cea polo que todos os que esteades interesados a calquera ou ámbalas duas actividades facédenolo saber antes do martes 22 de Nadal do 2009.

Seguiremos informando...