jueves, 9 de octubre de 2025

Devesa da Rogueira II. Caurel

 

Ruta da Devesa da Rogueira, entrando a metade da subida. Son sobre 9-10km según as variantes que se queiran coller. e o tempo está entre 2h 15 minutos e as 4 horas.

Dificultade media-baixa. Zonas de ascensión e baixada. 

 Seguir indicacións do miradoiro do polín (o cal se pode visitar nun tramo de ida e volta), a fonte do cervo (o cal se pode visitar nun tramo de ida e volta) , pasando pola campa das louseiras e o desvío a lagoa da lucenza e a ascensión o formigueiros (o cal se pode facer ou non...dependendo do tempo e das forzas).

 







 

 

 



martes, 4 de marzo de 2025

sábado, 11 de enero de 2025

Ruta dos pintores. A Fonsagrada. Lugo.

 

É unha ruta circular de 11.5km. 

Entorno ás 3h de duración.  Dificultade media-baixa. 

Feita o 11-1-25. Moi bonita e ben sinalizada. Con subidas e baixadas. Cando chove hai que ter coidado de non esbarar por algunhas baixadas con so de pedras.

Pertence ó Concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo.

Pártese do pobo da Ferrería e pásase polos pobos de Relaio, Allonca, Allonquiña e Pántaras.

O seu nome ben de que pasa por dous pobos dos que sairon dous pintores fonsagradinos:

-Manuel López Monteseirín, nado en Allonquiña. Morreu en 2017

-Benxamín Álvarez, oriundo de Pántaras.


Vídeo da ruta

https://www.relive.cc/view/vXOdpoXxNkO


 

 

 

 

 


domingo, 13 de octubre de 2024

Salcedo- As Laceiras-Pena do Castelo-Salcedo.

 

Ruta de ida e volta de 6km. Pertence ó Concello da Pobra do Brollón. Provincia de Lugo. aproximadamente e unha duración de 1h e 20 minutos. Dificultade media-baixa. 

Puntos de interese: Salcedo, As laceiras, Pena do Castelo.

Pode complementarse coa ruta do Rio Lor.

Vídeo da ruta.


https://www.relive.cc/es/view/v1vjYMZQ3Yq






























jueves, 22 de agosto de 2024

Espinho-Oporto

 Ruta de 23 km entre Espinho e Oporto, no norte de Portugal. Fíxemola en 4h aaproximadamente cunha parada para o café sobre os 10km.

Dificultade media pola distancia non polo desnivel.

Vaise case todo o tempo a carón do Oceano atlántico.

Compártese o percorrido entre pasarelas e carril bici.


Vídeo.

Fotos.